Tuesday 17 de September de 2024

Rescate dunha persoa cun nocello roto en Roncudo, no Concello de Ponteceso


O Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento de Carballo participaron esta mañá no rescate dunha muller que rompeu o nocello en Roncudo, no Concello de Ponteceso.

A persoa ferida estaba realizando unha ruta de sendeirismo pola Ruta dos Faros cando caeu e fracturou o nocello. O operativo realizou tarefas de salvamento para trasladala ata o hospital.

Participaron tamén a Policía Local de Ponteceso, o 061 de Vimianzo, o SMPC de Ponteceso e o Coordinador do GES de Ponteceso.